Españoles, la ciencia ha muerto

Los presupuestos generales del año que viene recortan el gasto en educación superior en un 18% , y los gastos de I+D+i no financieros en un 80%. Si a este despropósito le añadimos la congelación del cuadro de persoal de recursos humanos, España volverá a perder el tren del desarrollo tecnológico. Y eso que habíamos tardado más de dos siglos en alcanzar el vagón de cola.

Si el gobierno no apuesta por la innovación y la excelencia será que tienen pensado que produzcamos más barato que en China. Ahora se entienden los actuales recortes sociales. Espero que el proceso de involución sea más rápido de lo esperado: en cuanto alcancemos la época de las cavernas saldré a agenciarme un buen garrote para abrir unas cuantas cabezas. ¡Moriré matando!

El comunicado de los rectores de las Universidades gallegas de hoy:

A Universidade, garantía de futuro

As universidades somos plenamente conscientes da complicada situación económica do noso país, que tamén vivimos en primeira persoa. É por isto que valoramos os grandes esforzos que está a facer toda a cidadanía para seguir adiante.  As universidades, agora máis que nunca, estamos traballando para mellorar o noso rendemento, a pesar dos recortes orzamentarios que estamos a sufrir desde hai uns anos. Ata o de agora, fixemos un esforzo para seguir mantendo os estándares de calidade nas tres grandes funcións da universidade: a docencia, a  investigación e a innovación.  Porén, ante a inminente aprobación dos novos orzamentos xerais do Estado, e os orzamentos correspondentes a cada unha das comunidades autónomas, atopámonos nunha situación preocupante, que pode prexudicar a universidade española tal e como a coñecemos ata agora e impedir o desenvolvemento das actividades esenciais. Por este motivo, queremos manifestar publicamente o seguinte:

1. A diminución dos orzamentos xerais do Estado para 2013 nun  18% en educación superior, e nun 80% nos gastos non financeiros en I+D+i, supón unha deterioración irreparable do sistema de I+D+i que,  xuntamente coa conxelación dos cadros de persoal de recursos humanos, levará o noso país á perda do tren do desenvolvemento tecnolóxico e hipotecará a investigación e os maiores avances na fronteira do coñecemento.

2. Os efectos do endebedamento das comunidades autónomas, xunto coa mingua das transferencias das partidas destinadas ás universidades, están conducindo o noso sistema universitario a unha situación próxima á asfixia económica, que se traducirá nun estrago irreparable. Isto contradise co discurso político, de que “o noso país debe basear o seu progreso no coñecemento”. Sen investimento en educación superior nin en I+D+i será inviable o funcionamento das universidades públicas. E, sen coñecemento, non haberá progreso.

Ante esta situación, os reitores e as reitoras das universidades españolas solicitamos o seguinte:

Que a educación superior, a investigación, o desenvolvemento e a innovación, que van intrinsecamente unidas entre si, sexan consideradas como un investimento e non como un gasto e que as universidades españolas, tal e como solicitou recentemente a Asociación da Universidade Europea (EUA) aos xefes de Estado e de goberno europeos, teñan un financiamento público suficiente e sostible e se fortaleza a autonomía universitaria para que poidan diversificar as súas fontes de ingresos sen obstáculos.

As universidades comprometémonos a incrementar a eficacia e a eficiencia das nosas institucións, e a continuar coa transparencia e a rendición de contas ante a sociedade, co fin de que as nosas universidades sigan impulsando a cohesión social do noso país e sexan motores e fontes de coñecemento e riqueza.

Esta universidade manifesta a súa vontade de colaboración coas administracións públicas para axudar a resolver este grave problema económico e para seguir traballando por un futuro sostible para as universidades españolas. Se estas perden calidade, tamén o fará a investigación científica,  a innovación tecnolóxica e, por suposto, a formación. Non perderán soamente as universidades, senón que perderemos TODOS, o conxunto da sociedade. Quedarémonos sen unha das armas necesarias para avanzarmos e saírmos da crise económica: o coñecemento.

Dada a gravidade desta situación, este comunicado dáse a coñecer de forma simultánea en todas as universidades públicas españolas.